12345 (3 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Laboratorios no campus de Lugo

laboratorio campus lugo | alfonso penela Alfonso Penela Arquitectos
Obra:Laboratorios no campus de Lugo
Arquitecto:Alfonso Penela
Provincia:Lugo
Localidade:Lugo
Ano:2008 – 2010
Xeolocalización:42.990,-7.549
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Información na rede:
cooperinthewindow.com
galiciae.com
Descripción do proxecto: Iago Valverde | ArquitecturadeGalicia
Dentro do campus de Lugo da USC, a facultade de ciencias demanda uns novos laboratorios para completar as instalacións do centro. Alfonso Penela realiza o proxecto no lugar que antes ocupaban unhas pistas deportivas deterioradas.
O edificio descomponse en dous volumes nun terreo de gran desnivel. Un volume inferior de acceso pola cota baixa e próximo á facultade de ciencias, de manifestación masiva, gran prisma baixo unha cuberta axardinada, serve de para resolver a diferenza entre a parte baixa da parcela e a cota da rúa superior. Contén os laboratorios e locais técnicos conectados por un corredor central iluminado por un lucernario lonxitudinal. O volume superior, e representativo do proxecto, é un elemento de forma branda e sensual, unha planta sinuosa extruída en vertical revestida de aluminio. Quere ser lixeira e desinhibida, semella levitar case sen apoiándose nuns finos piares dispostos libremente. Baixo el, na cota de acceso da rúa, unha peza transparente que conecta ámbolos volumes.
Reportaxe fotográfica: Alfonso Penela Arquitectos
Planos:
Authors
12345 (3 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top