«Buscar unha arquitectura sinxela, tan sinxela e lóxica que resulta sutil e emocionante. Non se trata de berrar máis, de utilizar materiais sofisticados, de crear arquitecturas complexas. Trátase de convencer, de suxerir, de facer unha arquitectura silenciosa pero moi, moi atractiva» Francisco Mangado
Auditorio de Lugo
«Configurando un perfil urbano continuo cara á cidade e dispoñendo un xardín elevado de acceso mirando a nacente, antesala verde e silenciosa do edificio»
Paredes Pedrosa
Igrexa do poboado dos Peares
«Previuse conservar o forxado do piso actual así como os muros laterais de ladrillo de 1 pé, nos cales se incrustará a nova espadana para a campá e que na planta baixa será a sancristía»
Antonio Tenreiro
A Bodega
Proxecto de rehabilitación dunha antiga bodega de pedra. Situada nun entorno rural, o proxecto se acomoda aos límites dos muros existentes, consistentes en dous corpos: o principal de planta baixa e un torreón de dous niveis.
Igrexa de Santa Mariña
«O arquitecto quixo reproducir a sobriedade e a autenticidade das vellas construcións da rexión»
Esteban Fernández-Cobián
Rehabilitación integral dunha vivenda en Coeses
«A vivenda ocupa o volume da antiga casa de labranza da que se conserva o muro perimetral de cachotería exterior que mantén a identidade e a imaxe tradicional»
Emilio Rodríguez
Oratorio do colexio Divino Maestro
«É un lugar onde as monxas se reúnen para facer as súas oracións, un sitio privado. Ideamos uns vidros que conteñen unha imaxe a gran formato e que están inspiradas nas vidreiras da catedral de Lugo»
Marta Prieto
Rehabilitación de vivenda en Baralla
«El reto está en construir un refugio con atmosferas diferentes y explotar todas las posibilidades de esta caja vacía» Oscar López Alba
Conservatorio de música, danza e idiomas
«Conectalas tres pezas coa rúa mediante pasarelas dende as súas plantas superiores ou intermedias, ao tempo que se dispón un itinerario cuberto exterior que une os tres corpos, tratados como caixas lixeiras» José Antonio Vázquez Martín
Parque etnográfico da Insua
«Novos tratamentos arquitectónicos faise con linguas contemporáneos reforzando os significados globais e facilitando ao mesmo tempo os novos usos»
Felipe Peña e Francisco Novoa