12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Módulo de aseos no Salgueiral

modulo-de-aseos-en-o-salgueiralleiroourense-06
Muiños+Otero
Obra:Módulo de aseos no Salgueiral
Arquitecto:Muiños+Otero (Cecilia López Muiños+Juan José Otero Vázquez)
Provincia:Ourense
Localidade:O Salgueiral, Leiro
Ano:2010
Xeolocalización:42.367,-8.121
Outros Datos:
Premios:
I Premio Gallego de Arquitectura Sostenible | 2011
Publicacións:
Metagenesix. Nova arquitectura de Galicia | Difusora de artes, letras e ideas | 2011
Información na rede:
veredes.es/blog
fundacion.arquia.es/proxima
xi.bienalarquitectura.es
Descripción do proxecto:
«No paseo fluvial do Avia, ao seu paso por Leiro, plantéxase a realización duns aseos de uso público no magnífico enclave natural do Salgueiral, posto que se trata dunha zona con gran afluencia turística, así como paso obrigado dunha das rutas de sendeirismo. A premisa básica da intervención será a integración coa natureza, e a búsqueda dunha relación armónica, pero con certo contraste entre a peza a executar e o contorno. Téntase que esta pequena edificación actúe coma elemento escultórico funcional, ás beiras do río Avia.
O reto á hora de planificar a execución, foi estandarizar o proceso de construcción debido ao reducido prazo de execución de dous meses. Planificouse a realización da carcasa de aceiro corten en taller simultáneamente á construcción “in situ” dos testeiros e cimentación en formigón armado.
Execútase toda a envolvente mediante o uso de pezas de chapa pregadas en Z para formación dos pórticos. Móntanse aneis paralelos con variacións e pregados variables para facilitar a ventilación, a iluminación natural e a evacuación das augas. A confluencia de estes factores e necesidades, deriva en que o prisma orixinal de partida se convirta nun volume poliédrico»
Muiños+Otero
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top