Antonio Pernas
Obra: | Nova bóveda da igrexa de San Salvador de Taragoña |
Arquitecto: | Pernas Varela Arquitectos |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Taragoña, Rianxo |
Ano: | 2012 |
Xeolocalización: | 42.673407, -8.828427 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Seleccionado | BEAU | 2013 Seleccionado | Premios COAG | 2013 Seleccionado | Premio ENOR | 2014 | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
pernasvarela.com veredes.es coag.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Proxéctase a construción dunha nova falsa bóveda para a igrexa de San Salvador de Taragoña para substituír a anterior de medio pé de ladrillo oco dobre, recuperando para iso o material orixinal, a madeira. Ademais, repárase a estrutura de soporte da cuberta, de cerchas de madeira, co condicionante (económico) de actuar dende o interior para non tocar a cubrición A nova falsa bóveda realízase mediante unhas costelas de madeira laminada de piñeiro tratada en autoclave, apoiadas en senllos dormentes da mesma madeira (é necesaria a demolición da cornixa cerámica, e a súa substitución por unha de madeira laminada podendo así igualar os niveis en ambos os dous laterais da bóveda, cousa que antes non acontecía). Estas costelas dispóñense seguindo un intereixe de 30cm. Pola cara superior destas, aparafúsase un entrepano de taboleiro microlaminado rematado en piñeiro. As características de flexibilidade deste taboleiro permiten que se adapte con facilidade ao trazado curvo da bóveda. Sobre o taboleiro microlaminado dispoñerase unha lámina impermeable transpirable tipo gore-tex. Todo o conxunto se verniza cun lasur ao 50% incoloro-castaño» Antonio Pernas | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
– | ||
Planos: | ||
Antonio Pernas |