| Obra: | Novo Auditorio de Ourense |
| Arquitecto: | Xosé Manuel Casabella |
| Provincia: | Ourense |
| Localidade: | Ourense |
| Ano: | 2002 |
| Xeolocalización: | 42.8457,-8.2095 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| xmcasabella.com/monograficos/orense | ||
| Información na rede: | ||
| turgalicia.es | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| O novo auditorio de Ourense nace con vocación de erixirse en referente arquitectónico e paisaxístico para a cidade. Sitúase nunha localización privilexiada -nos terreos do antigo cuartel de San Francisco- xa que se encontra á mesma distancia -dez minutos a pé- do centro histórico e tamén do centro comercial e recreativo. Trátase dun edificio que alberga un grande auditorio con capacidade para 1.000 persoas, así como unha serie de espazos anexos destinados a congresos, conferencias, exposicións, etc. O volume proxectado ten como elemento central, a modo de reclamo, a torre do escenario, a chamada torre de tremoias, que por necesidades técnicas alcanza unha grande altura, dispoñéndose ó seu redor os demais volumes. É unha construción funcional pero moi atractiva, onde se empregan materiais tradicionais como o granito rosa Porriño combinado co granito gris Mondariz nas fachadas e outros materiais máis contemporáneos como son o vidro, o aluminio e o aceiro. Búscase no edificio a combinación de eficacia e funcionalidade coa de representatividade, aspirando a ser un dinamizador da cidade e un importante punto de encontro. | ||
| Reportaxe fotográfica | ||
| Planos: | ||


