Obra: | Novo Auditorio de Ourense |
Arquitecto: | Xosé Manuel Casabella |
Provincia: | Ourense |
Localidade: | Ourense |
Ano: | 2002 |
Xeolocalización: | 42.8457,-8.2095 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
xmcasabella.com/monograficos/orense | ||
Información na rede: | ||
turgalicia.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
O novo auditorio de Ourense nace con vocación de erixirse en referente arquitectónico e paisaxístico para a cidade. Sitúase nunha localización privilexiada -nos terreos do antigo cuartel de San Francisco- xa que se encontra á mesma distancia -dez minutos a pé- do centro histórico e tamén do centro comercial e recreativo. Trátase dun edificio que alberga un grande auditorio con capacidade para 1.000 persoas, así como unha serie de espazos anexos destinados a congresos, conferencias, exposicións, etc. O volume proxectado ten como elemento central, a modo de reclamo, a torre do escenario, a chamada torre de tremoias, que por necesidades técnicas alcanza unha grande altura, dispoñéndose ó seu redor os demais volumes. É unha construción funcional pero moi atractiva, onde se empregan materiais tradicionais como o granito rosa Porriño combinado co granito gris Mondariz nas fachadas e outros materiais máis contemporáneos como son o vidro, o aluminio e o aceiro. Búscase no edificio a combinación de eficacia e funcionalidade coa de representatividade, aspirando a ser un dinamizador da cidade e un importante punto de encontro. | ||
Reportaxe fotográfica | ||
Planos: | ||