| | AGRASAR QUIROGA, F. «Guía de Arquitectura de Vigo (1930-2000)”. COAG, Vigo, 2003. GARRIDO FENÉS, Alicia, La obra de Xosé Bar Bóo. Una Arquitectura a la medida del hombre, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2000. |
| | «O encargo dun edificio para albergar oficiña e talleres para a empresa Viguesa de Transporte S.S., foi afrontado por Xosé Bar, en colaboración con César Portela e outros arquitectos, como a ocasión para introducir novas ideas arquitectónicas que cuestionaban algúns dos máis importantes valores modernos. O edificio de VITRASA privilexia unha fachada frontal, introducindo valores e reflexións sobre a capacidade arquitectónica de significación monumental, además de expresar unha vontade dun edificio de uso insutrial e administrativo, solucionado con elementos prefabricados de formigón. A parte frontal do edificio pliégase en horizontal presentando largas bandas inclinadas de formigón e cristal, que rodean as esquinas, prolongándose nun corto tramo das fachadas laterais. Nestos laterais dispoñense uns expresivos soportes exteriores de formigón, de sección en disminución, que se superpón ó tramo plegado e a unha longa secuencia de grandes paneles prefabricados de nervaduras verticais. Estos dous cerramentos tan contrastados evidencian a naturaleza dual, administrativa e industrial, do edificio. A fachada principal completa a súa forte personalidade, co tramo inclinado de apoio no chan cuberto de material plástico translúcido, e un gran hastial, señalando as inclinacións da cuberta, tamén diáfano. Dos airosas escaleiras, típicas da arquitectura de Xosé Bar, permiten o acceso ás oficinas, remarcando o efecto de flotabilidad dun edificio apoiado nunha membrana plástica. O máis claro referente histórico desta obra é unha peza fundametnal dos inicios da modernidade. Entre a fábrica de turbinas AEG de Peter Behrens, construida en Berlín en 1908, e a nave VITRASA de Vigo, establécese un sutil e coherente ponte entre dúas formas de afrontar un edificio insdustrial, nos albores da modernidade e cando esta manifesta síntomas de evidente fatiga.» Fernando Agrasar |