Obras de 1980

Centro Cívico de Xove

O centro cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades.

Centro para autistas e psicóticos adultos

A concepción xeral do proxecto apóiase na aceptación da acusada topografía do terreo, como condicionante de ordenación do conxunto así como na implantación do centro nas cercanías dun núcleo de vivendas tradicional, disgregadas e de crecimento e ordenación e ordenación anárquica. A concepción é unitaria, a pesar da necesidade de diferenciación dos distintos elementos do conxunto.

Aquarium de Vilagarcía de Arousa

«No Paseo Marítimo que o une o porto de Vilagarcía co de Carril, constrúse este edificio que, avanza perpendicularmante á costa, intróducese no mar. A súa alargada silueta e a súa clásica imaxe pretenden contrarrestar, o inquietante efecto visual duns bloques de apartamantos que forman unha pantalla edificatoria cuxa presencia é negativa» César Portela

Casa da Cultura de Cangas | César Portela | Adrián Capelo

Casa da cultura de Cangas

«Coidándose especialmente os aspectos tipolóxicos que fan referencia analóxica a arquitectura tradicionais no litoral galego, como andrómenas portuarias, estaleiros e fábricas conserveiras, enriquecidos coa presenza dun soportal perimetral, e de galerías» César Portela

Top