| | «En 1987, Andrés Reboredo obtén o primeiro premio nun concurso convocado para seleccionar o proxecto que transformaría o Cuartel do Hórreo no Parlamento de Galicia. O grande edificio militar que se rehabilita posúe unha planta rectangular, coas esquinas resaltadas por corpos saíntes e de maior altura. No se centro existe un único patio, en torno ao que discorren todas as circulacións. Exteriormente o edificio a penas amosara cambios substanciais, mantendo a súa severa fachada, con excepción da construcción dunha magnífica reixa de aceiro oxidado composta por pezas exentas, colocadas de canto, altas e agudas, que permiten ver o exterior do edificio, en visión frontal, pero que en escorzo se converten nun muro opaco coa singular cor e textura do metal oxidado.Todos os usos e dependencias atopan o seu acomodo no interior do grande edificio existente, agas o salón de plenos, corazón funcional e simbólico do Parlamento, que se dispón como unha caixa branca no centro do patio central, conectada co corpo de acceso. Este novo volumen está sostido por unha retícula de finos piares metálicos, tamén brancos, que liberan a súa conexión co chan, permitindo a continuidade do espacio axardinado do patio. O interior desde salón de plenos está totalmente forrado de madeira. Con este material e grandes formas curvas, coas que se deseñan a disposición dos bancos, a bóveda de lamas do teito e o oco que se abre trala tribuna, créase un ambiente a vez solemne e acolledor, axeitado para o debate político«. Fernando Agrasar. |