12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Paseo Marítimo de A Ramallosa

AG | Ramallosa

Obra: Paseo Marítimo de A Ramallosa.
Arquitecto: S. Fraga Rivas, M. Portolés Sanjuán, F. J. García-Quijada Romero.
Provincia: Pontevedra.
Localidade: Ramallosa, Nigrán.
Ano: 1992
Xeolocalización: 42.117,-8.814
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992).
Información na rede:
Vigo en Fotos
Descripción do proxecto: Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992).
«Actuación sobre terreos colindantes á zona marítimo-terrestre nunha beira da ribeira pola desembocadura do río Miñor en Nigrán (Pontevedra), ó longo de 850 metros e sobre unha superficie de 25500 metros cuadrados. A fronte da actuación ten carácter de transición entre o pequeno núcleo urbano vencellado ó entorno das pontes (Ramallosa) e unha praia de carácter semiurbano (Praia América) a través dun medio natural en proceso de colonización por vivenda unifamiliar dispersa. A fronte marítima estaba construida por unha beira en cantil cun recheo vencellado as antigas instalacións do tranvía costeiro Vigo – Baiona, zonas discontinuas de muros que perfilaban pequeno recheos e taludes naturais. A actuación axústase ós seguintes criterios: Continuidade peatonal ó longo da beira, coa incorporación dun carril para bicicletas; Asignación de usos públicos de recreo preservando a beiramar de construccións e ocupacións impropias da zona marítimo-terrestre; Gradación no tratamento dos diferentes espacios, dende os de carácter marcadamente urbano, pasando polas beiras máis matizadas sobre o antigo muro; ata o tratamento máis lixeiro de carreiros peatonais con criterios prioritariamente paisaxísticos.En consecuencia optouse por unha consolidación da beira do cantil e unha redefinición do resto a base de escolleiras lixeiras para estabilizar taludes e coa introducción dun carreiro de madeira sobre pilóns en zonas onde a sección así o impoñía».
Reportaxe fotográfica: Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992).
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top