12345 (1 votos, promedio: 2,00 de 5)
Cargando...

Pavillón Polideportivo Xoán XXIII

Albert Viaplana, Helio Piñón | Pavillón Polideportivo Xoán XXIII

 

Obra: Pavillón Polideportivo Xoán XXIII
Arquitecto: Albert Viaplana y Helio Piñón
Provincia: A Coruña
Localidade: Santiago de Compostela
Ano: 1994
Xeolocalización: 42.886,-8.444
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Arquitectura Contemporánea. Santiago de Compostela. Año. 2003
Información na rede:
Santiago Turismo. Arquitecturas de autor.
Descripción do proxecto:
«O pequeno pavillón polideportivo construído na ladeira que descende dende a Avenida de Xoán XXIII foi concibido como parte da reordenación desta importante vía de acceso ao Casco Histórico. Os autores deste conxunto urbano, os arquitectos cataláns Albert Viaplana e Helio Piñón, foron tamén os encargados do deseño do pavillón. Este equipamento deportivo dispúxose nunha forte pendente axardinada coa intención de que o seu volume pasase desaparcibido para os viandantes da avenida mentres contemplan o paisaxe do Monte Pedroso, verdadeiro protagonista da panorámica. Por esta razón o pavillón entérrase parcialmente no terreo cunha cuberta inclinada nun único plano que acompaña a ladeira no se descenso. Esta cuberta prolóngase nunha grande aba, que crea un espacio cuberto de acceso que coa súa baixa altura, resulta especialmente acolledor.O percorrido dende a Avenida de Xoán XXIII ata o interior do pavillón polideportivo, forma parte necesaria da visita ao edificio. A través dun percorrido intencionalmente axardinado, obrigarásenos a arrodear o pequeno edificio vendo a súa fachada posterior cega que a penas sobresae do terreo, xirar polo seu lateral, que resulta un claro esquema da súa sección, e percorrer o espacio por baixo da grande aba para penetrar no edificio a través da súa pel de cristal. Dende a parte superior das bancadas ofrécese todo o seu espacio alumeado cenitalmente por un lucernario con iluminación rasante sobre o muro do fondo. Baixo estas gradas disponse todo o miúdo programa de vestiarios e almacéns, exemplarmente resolto». Fernando Agrasar.
Reportaxe fotográfica: Santiago Turismo. Arquitecturas de autor.
 
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 2,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top