| | «O desenvolvemento deportivo da cidade, especialmente no baloncesto, tivo unha axeitada correspondencia na construcción do Pazo dos Deportes nas costas do parque, conseguido tras unas longas e duras negociacións co ministerio do ramo, que non entendía como unha cidade como Lugo pretendía esta dotación. A súa estructura de formigón abovedada salvaba a máxima luz dos existentes en España. Esa bóveda nace dun gran contenedor prismático con fachada de vidrio que se asentaba sobre muros de laxe de xisto, fábrica característica da arquitectura vernácula lucense». Guía de Arquitectura de Lugo |