| | O proxecto da piscina climatizada en Calo nace con dúas premisas claras: por unha parte respetar o entorno privilexiado no que se atopa, repleto de vexetación autóctona e árbores centenarias características da zona, por outra, realizar unha intervención mínima que reste protagonismo á construcción e potencia a beleza da paisaxe. Mimetizarse coa contorna, coas súas cores, coas súas texturas, as súas luces e sombras, foi o gran desafío a resolver.O vidrio emprégase pola súa transparencia, o aceiro pora súa lixeireza visual e a madeira pola súa calidez. Proporciónan todos os atributos necesarios para construir este espazo, ainda que cerrado, é totalmente permeable co exterior. Esta piscina non trata de ser só un lugar no que poder nadar e refrescarse, quere ser ademáis un lugar no que poder disfrutar dun aperitivo ou un bon libro baixo a sombra dos castiñeiros nas calurosas tardes de verán» |