
google.com
| Obra: | Plan parcial de Vite e 248 vivendas |
| Arquitecto: | Julio Cano Lasso |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Vite, Santiago de Compostela |
| Ano: | 1960 |
| Xeolocalización: | 42.888777, -8.540158 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| – | ||
| Publicacións: | ||
| Allegue Fernández, Xosé | Santiago: arquitecturas del siglo XX| COAG 2007 Cano Lasso: 1949-1995 | Dirección General para la Vivienda 1995 Julio Cano Lasso | Consejo Superior Colegios de Arquitectos de España 1992 Julio Cano Lasso, arquitecto | Xarait, 1980 Plan parcial del polígono de Vite | Nueva forma No 72-73 | 1972 | ||
| Información na rede: | ||
| docomomoiberico.com elcorreogallego.es 2011|03|20 vialactea.es 2012|10|01 | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «Foron varias as actuacións que ao longo da súa carreira profesional ligaron a Julio Cano Lasso co desenvolvemento da zona norte de Santiago. Nunha das primeiras, o plan parcial de Vite de 1959, buscábase evitar un crecemento mal dirixido, mediante a ocupación dos puntos delicados, que garantise edificabilidades mínimas e a conservación da paisaxe. Posteriormente e dentro do plan parcial, a Obra Sindical do Fogar encárgalle 248 vivendas na zona de San Caetano, a ambolos dous lados da estrada da Coruña, que dispón en dúas agrupacións ao redor de senllos espazos urbanos. Desenvólvense dous tipos de vivendas de tres dormitorios dando lugar a bloques lineais ou exentos e en todos os casos con dúas vivendas por escaleira. A sensibilidade moderna combínase con referencias á arquitectura tradicional do centro histórico, como resulta do emprego dunha versión material actualizada das galerías tradicionais, constituídas por bastidores de formigón e partes practicables metálicas; das chemineas santiaguesas ou da formulación cromática orixinal dos paramentos, hoxe desaparecido» Celestino García Braña | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| Julio Cano Lasso, arquitecto | Xarait, 1980 | ||





