obras en Pontevedra

Sexto edificio do Museo de Pontevedra

“Nesa busca de equilibrio entre as partes, a aparente lixeireza do vidro do pavillón-xardín é compensada polo uso dun pesado esqueleto de formigón e uns pavimentos de granito. Pola contra, o hermético edificio de grandes lousas pretende alixeirarse a través da súa fenestración horizontal, pola que xorde a luz de día e de noite”
UP Arquitectos | Jesús Ulargui e Eduardo Pesquera

Rehabilitación do Café Moderno

“O mobiliario, deseñado por Siza Vieira, que achegan un xenuíno grao de modernidade a todos os locais. Cadeiras, mesas, despachos, papeleiras, lámpadas e algunhas pezas singulares como unha sorprendente mesa de patas asimétricas, enriquecen o continente dunhas estancias dispostas para acoller no futuro as máis interesantes mostras da arte e a cultura do noso tempo” José Ramón Soraluce Blond

Top