Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
| Obra: | Pousada xardín de Ribadumia |
| Arquitecto: | Mauro Lomba |
| Provincia: | Pontevedra |
| Localidade: | Ribadumia |
| Ano: | 2010 – 2012 |
| Xeolocalización: | 42.514425, -8.760487 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| Información na rede: | ||
| maurolomba.com tectonicablog.com stone-ideas.com | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «A Pousada de Ribadumia proxectouse e construíu dentro do conxunto de actuacións denominada “Pousadas Jardín: Creación dun produto turístico” da Deputación de Pontevedra. O proxecto sitúase no concello de Ribadumia, bisbarra do Salnés, provincia de Pontevedra. A zona é característica polo seu clima atlántico, a riqueza das súas rías e a paisaxe de parras para o cultivo do viño albariño. O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito. O bloque dos servizos comúns elévase en planta primeira, para crear un acceso cuberto en planta baixa e continuar a escala da casa parroquial adxacente. Tómase como referencia a escala pequena dos muíños ao longo do Umia para os módulos dos cuartos que se van xirando segundo a óptima orientación e vistas, para crear un patio que funcione como espazo exterior privado. A auga discorre por este, como un regato máis, mentres que a vexetación tapiza os espazos abertos. Galicia é unha gran rocha, auga e vexetación. Entre os diferentes módulos, comunicándoos, discorre unha galería acritalar que recorda aos camiños emparrados galegos, actúan como un colchón térmico, ventilación cruzada en época estival e efecto invernadoiro en inverno. A pedra das pastas graníticas dos viñedos do Salnés trasládase ás fachadas xerando ritmos dende o interior e dende o exterior, de luces e sombras, de vistas, de privacidade, de control solar. A pedra utilizada é granito de gran fino procedente da canteira de Lalín. Tras cortar as pezas principais ábrense en dous polo sistema de “rachado de forma que cada pasta granítica rompe cunha orografía e textura diferente, cada peza se fai única e o conxunto de todas proporciona unha visión que se enriquece coas luces e sombras da súa propia volumetría» Mauro Lomba | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia | ||
| Planos: | ||
| Xentileza de Mauro Lomba | ||






















Pingback: 99 Candidaturas - Arquitectura de Galicia Revista