12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Pousada xardín de Ribadumia

PousadadeRibadumia Mauro Lomba Adrián CapeloAdrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
Obra:Pousada xardín de Ribadumia
Arquitecto:Mauro Lomba
Provincia:Pontevedra
Localidade:Ribadumia
Ano:2010 – 2012
Xeolocalización:42.514425, -8.760487
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Información na rede:
maurolomba.com
tectonicablog.com
stone-ideas.com
Descripción do proxecto:
“A Pousada de Ribadumia proxectouse e construíu dentro do conxunto de actuacións denominada “Pousadas Jardín: Creación dun produto turístico” da Deputación de Pontevedra. O proxecto sitúase no concello de Ribadumia, bisbarra do Salnés, provincia de Pontevedra. A zona é característica polo seu clima atlántico, a riqueza das súas rías e a paisaxe de parras para o cultivo do viño albariño.
O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito.
O bloque dos servizos comúns elévase en planta primeira, para crear un acceso cuberto en planta baixa e continuar a escala da casa parroquial adxacente.
Tómase como referencia a escala pequena dos muíños ao longo do Umia para os módulos dos cuartos que se van xirando segundo a óptima orientación e vistas, para crear un patio que funcione como espazo exterior privado. A auga discorre por este, como un regato máis, mentres que a vexetación tapiza os espazos abertos. Galicia é unha gran rocha, auga e vexetación.
Entre os diferentes módulos, comunicándoos, discorre unha galería acritalar que recorda aos camiños emparrados galegos, actúan como un colchón térmico, ventilación cruzada en época estival e efecto invernadoiro en inverno.
A pedra das pastas graníticas dos viñedos do Salnés trasládase ás fachadas xerando ritmos dende o interior e dende o exterior, de luces e sombras, de vistas, de privacidade, de control solar.
A pedra utilizada é granito de gran fino procedente da canteira de Lalín. Tras cortar as pezas principais ábrense en dous polo sistema de “rachado de forma que cada pasta granítica rompe cunha orografía e textura diferente, cada peza se fai única e o conxunto de todas proporciona unha visión que se enriquece coas luces e sombras da súa propia volumetría”
Mauro Lomba
Reportaxe fotográfica:
Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
Planos:
Xentileza de Mauro Lomba



Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top