12345 (3 votos, promedio: 3,33 de 5)
Cargando…

Praza e monumento Nós

AG_praza_monumento_NOS_fernando_blanco_ourense_universidade_1997
Fernando Blanco Guerra
Obra:Praza e monumento Nós
Arquitecto:Fernando Blanco Guerra
Provincia:Ourense
Localidade:Campus das Lagoas, Ourense
Ano:1996 – 1997
Xeolocalización:42.344,-7.851
Outros Datos:
Premios:
 
Publicacións:
Obradoiro 28 | COAG 2000
Información na rede:
fernandoblanco.coag
Descripción do proxecto:
«Fernando Blanco enfróntase ao proxecto dunha praza e dun monumento no campus da universidade de Ourense co anceio de territorializar un sitio. Entendendo que co proxecto fai determinado o indeterminado, lánzase á aventura de crear un lugar que represente as raíces de Galicia. O monumento xorde ao materializar a palabra Nós, e apaixonadamente resolve os seus sentimentos e as súas conviccións.
A memoria do proxecto é unha fermosa descrición  do impulso inicial. No lugar representase Galicia, pero quérese ir máis lonxe, todo proxecto nalgunha medida busca o universal e o imposible, quérese representar o mundo.
A paixón e a intuición enlazan as ideas, asócianas ás diversas materias e condúcenos a unhas formas. Xa non podemos falar da forma como resultado ou da forma como pretexto, ela, na súa realidade tanxible, descóbrenos aspectos do misterio da súa orde e queda aberta ao noso sentir. Os debuxos non son relevantes, é o resultado entendido como materia manipulada, coa súa orde interna, e a imposta polo creador que a enche de enerxía, provocando tensións e equilibrios, en definitiva, suxestións»

Manuel Gallego [en Obradoiro 28]

Reportaxe fotográfica:
Planos:
[nggallery id=328]
Authors
12345 (3 votos, promedio: 3,33 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top