Santos-Díez | BISimages
Obra: | Reconstrución de vivenda en Cela |
Arquitecto: | María Pierres López |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Cela, Bueu |
Ano: | 2014 |
Xeolocalización: | 42.324872, -8.765785 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Premio Gran de Area | 2014 | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
veredes.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
«A construción da que se parte contaba con dúas ruínas, moi degradadas. Non obstante era esta condición ruinosa e de historia pasada a que atraeu os propietarios, e que converteu en premisa a reutilización de todo elemento construtivo susceptible de ser recuperado.Tómase a proposta e apóstase por conservar a composición das volumetrías preexistentes no posible e actuar o mínimo sobre a topografía da parcela. Os propios clientes, influenciados pola súa formación inxenieril, navegan entre desexos de contemporaneiade e tradición, propoñendo o formigón a cara vista como un dos posibles materiais de fachada.A contundencia do portón de entrada, co volume fraxilmente voado do cedro, o cadeirado antigo de pedra e os muros de formigón visto, é sen dúbida a clara lectura desta busca por reutilizar e integrar o vello e o novo. O volume menor con muros de pedra e cuberta de tella, actúa como fachada principal á paisaxe, dando fronte ao Norte da nova vivenda, enfocado cara ás vistas e recordando en todo momento a orixe humilde da vivenda. Tras el, outro volume a dúas alturas en formigón a cara vista, achega unha lectura máis contemporánea, pero co respecto do que se retrae para non atordar. A entrada principal, nunha posición lateral, respecta a antiga disposición e recupera o cadeirado preexistente, integrándose entre a textura ruda do formigón encofrado con táboa e a calidez do cedro. Un mínimo corpo de formigón enlaza ambas as dúas volumetrías, coa clara intención de que dialoguen entre elas, outorgando a cada unha a súa autonomía e presenza. Á súa vez servirá de canto ao que acudir dende o dormitorio e dominar a paisaxe, sempre con ese espírito de espazo de mínimos. A madeira de cedro ao exterior, trata de suavizar a dureza que tanto pedra e formigón confiren á arquitectura, achegando a lectura cálida e doméstica que demandan as fachadas, aínda que sempre cunha clara vocación de vestido insinuante, deixando que a materialidade contundente do fondo non perda o seu protagonismo. Tres grandes contras corredizas axudan a que a imaxe da vivenda poida cambiar por momentos, contribuíndo a matizar a luz que entra, sen deixar de gozar dela» María Pierres López en veredes.es | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
– | ||
Planos: | ||
veredes.es |
Pingback: 99 Candidaturas - Arquitectura de Galicia Revista