Gabreil Santos Zas | Cesareo Padrón Conde
Obra: | Rehabilitación Calle Santiago | Vigo |
Arquitecto: | Gabriel Santos Zas | Cesareo Padrón Conde |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Vigo |
Ano: | 2010 |
Xeolocalización: | 42.236,-8.727 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Premio APROIN | Rehabilitación | 2010 Premio Gran Área | 2011 | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
hconsorciocascovellovigo.org veredes.es fundacion.arquia.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Criterios de deseño: As fachadas xa tiñan a obriga da sua conservación ainda que, en algunhas de elas, a pedra non chegara ate a cuberta. Buscouse manter os muros laterais das parcelas, todos eles de sillería de pedra de granito, labrado en tosco, de xeito que formaran parte do edificio renovado como testemuña dun modo de facer do pasado, que, en xeral, fixo gala de inxenio constructivo e un sentido de bo aproveitamento do espacio, xa que con pequenas dimensions conseguíanse estancias proporcionadas. Nos fondos das parcelas as aliñacions varían e se abren patios de luces conformados na meirande parte por muros semellantes os transversais. Contase con todos eles na nova disposición. Con este mesmo carácter tratamos de facer un programa de vivendas, compaxinando os ritmos das tres paredes transversais existentes, que parten o espacio en catro corpos de distinto ancho: dous maiores e otros dous mais estreitos. No central, na volta situamos o núcleo de comunicacions verticais de xeito que tivera luz e ventilación procedente do patio. Obteñense tres unidades de vivenda por andar. As laterais chegan o fondo mentres que a central o fai ate o corredor de acceso. Unha das laterais comprende duas das primitiva parcelas para ter dimensions semellantes as outras. No derradeiro andar, propóñense unidades en duplex, as mais grandes do conxunto, que aproveitan as inclinacións das cubertas, onde a espléndida panorámica da Ría de Vigo foi determinante para a súa organización. O traballo comprendeunha reconstrucción completa xa que non se conservou parte algunha, a excepción das paredes entre parcelas e as fachadas, nas que se sustiruiron as partes deterioradas por outras novas cos mesmos materiais. Houbo unha análise dos edificios para prescindir daquelas relizacións discordantes previas que non tiñan relación coa loxica constructiva que lles corresponde, facendo algúns cambios que os criterios arquitectónicos e compositivos aconsellaban para dar coherencia a intervención. Materiais e calidades empregados. Fachadas de pedra (as existentes) e fábrica de ladrillo enfoscado con morteiro especial . Carpintería en madeira de Iroko. Embocadura do oco con guarnicións e soleira do mesmo material. Fiestras con follas únicas ou duas follas, dacordo coa proporción do oco. Incorporación de contraventanas. A estructura contou cos muros das parcelas como elementos portantes verticais. O entramadohorizontal resolveuse con vigas metálicas para os vans grandes e forxados de madeira laminada compostos por vigueria e entablado, base para un vertido de morteiro que recibe os solados. Pola parte inferior un doble teito de cartón ieso. Representa unha mellora dende o punto de vista do comportamento acústico e unha das dificultades do proxecto pola xusteza das dimensións de altura libre, e os espesores do forxado. As cubertas resolvense con armazón metalica, tableiros con aillante incorporado placas ondulada de para soportar a tella e plafonado inferior de cartón ieso. O portal leva solo de granito e paredes de pedra ( as orixinais) As divisións panelado de madeira con luminarias ocultas para dar luz indirecta. A Escaleira leva zanca central metálica e chanzos de madeira en voo. Barandiña con varillas metálicas e pasamans de madeira. Todo en iroko. Os descansiños da escaleira leva tarima e panelados nas paredes, incorporación de luz indirecta. Teito de cartón ieso. Nos interiores fanse ver os muros laterais d as paredes que se conservan en pedra. As outras divisións fanse con cartón ieso coas capa suficintes para resolver o aillamento. Cerámicos en locais húmidos. Solados de tarima flotante de iroko, que son cerámicos en locais húmidos. A carpintería e de taller en madeira de iroko con marcos da mesma calidade. Herraxes de aceiro inoxidable.» Gabriel Santos Zas | Cesareo Padrón Conde | ||
Reportaxe fotográfica Gabriel Santos Zas | Cesareo Padrón Conde | ||
Planos: | ||
[nggallery id=331] |