| | «O proxecto poderíase enmarcar dentro dunha situación mas xeral, que en Galicia ten una gran importancia: a transformación que está a sufrir o mundo rural. A presenza evidente do cambio que se fai real e que esixe reinventar os novos modos de uso para a vida continúe e así evitala súa morte ou destrución. No presente proxecto quíxose que as novas construcións reflicten esta nova mirada á nosa realidade, pero evitando las destrucións inútiles de las referencias culturais xa sexa a través da perda de sensibilidade co medio ou a través da creación de pastiches. Entendendo profundamente o proceso de cambio, pero transmitindo o sentimento de comodidade para vivir que a través dunha visión culta percibimos en moitas pautas do espazo construído no medio rural, é dicir enriquecendo creativamente a complexidade do noso entorno. O proxecto consistiu nunha primeira ordenación xeral co planeamento dunhas directrices que se materializaron nunha serie de pequenos proxectos que abarcaban dende a restauración puntual (o hórreo) deica a rehabilitación (a vivenda) e a creación de novos edificios e espazos exteriores. A rehabilitación de vivenda supuxo un cambio radical. Dunha vivenda rural, acomodada, pasouse a unha vivenda de vida urbana emprazada no medio rural» Manuel Gallego |