
Obradoiro | No 22 | 1993
Obra: | Rehabilitación do Pazo da Mercé |
Arquitecto: | Alfredo Alcalá Navarro |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | A Florida, Neda |
Ano: | 1978 – 1991 |
Xeolocalización: | 43.492734, -8.162472 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Obradoiro | No 22 | 1993 | ||
Información na rede: | ||
pazodamerced.com | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Situado no interior da ria de Ferrol, na beiramar, e dentro da Rota Real de Camiños de Santiago, atópase o Pazo da Mercé, nobre edificio dos séculos XVII e XVIII. Neda, o concello no que está enclavado foi concello e vila medieval, conservándose aínda inmobles de seu pasado. O conxunto edificado resulta do sumario de dous grandes pavillóns perpendiculares entre si, cunha pequena capela emprazada na súa contorna, asomada ao mar, fronte á ábsida románica de San Martiño de Xubia, na outra ribeira. Pola entidade física descrita e a súa historia, o edificio e a súa contorna atópanse catalogados e a intervención supón para min unha responsabilidade que xunto cos reducidos medios económicos deu como resultado unha lenta rehabilitación, dende a súa adquisición no ano 1978 deica a actualidade (1991) pendente nun 50% do seu tratamento. A meirande apartación á rehabilitación foi a súa propia situación en relación ao centro de Ferrol e a unha bisbarra de uns 200.000 habitantes que nos permitiu situar dentro do programa a miña propia vivenda, de familia numerosa, o meu despacho profesional e, en convenio coa Xunta o desenvolvemento dun equipamento de turismo rural con 5 cuartos para hotel como prolongación da propia vivenda e como axuda para a mantenza do conxunto. Dos dous pavillóns que forman o edificio, o de meirande antigüidade (XVII) atopábase cunha estrutura de madeira aceptable para ser reconstruída co que a limpeza e o reforzo da mesma non requiriu ningún deseño especial. Pola contra o pavillón de século XVIII quedou reducido ás súas catro paredes de cantería sendo o seu académico deseño -ordenado e simétrico- respectado escrupulosamente así como tamén o seu concepto estrutural, se ben os sistemas construtivos axeitáronse á nosa época e á contorna tecnolóxica que nos rodea (construción de barcos e man de obra especializada nas tecnoloxías propias dunha cidade como Ferrol). O resultado foi o derivado do manexo de 20 Tm de aceiro entre perfilaría e chapas pregadas, complementadas con madeiras naturais, taboleiro mariño, resinas epoxi e a axuda de “menos é máis” do vidro, que nos veu permitir separa-lo menos posible os espazos continuos.»Alfredo Alcalá | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
– | ||
Bosquexos e Planos: | ||
Obradoiro | No 22 | 1993 |