12345 (5 votos, promedio: 4,00 de 5)
Cargando...

Rehabilitación VPO na rúa da liberdade

AG_vpo_rehabilitacion_feijoo_muller_ourense_00.jpg
müller.feijoo arquitectos
Obra:Rehabilitación VPO na rúa da liberdade
Arquitecto:müller.feijoo arquitectos
Provincia:Ourense
Localidade:Ourense
Ano:2009 – 2010
Xeolocalización:42.333,-7.863
Outros Datos:
Premios:
Premio Manuel Gómez Román | Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas | 2011
Mención especial | Premio Juana de Vega | 2011
Finalista | Premios de Arquitectura Aplus | 2011
Publicacións:
Información na rede:
mullerfeijoo.com
veredes.es
Descripción do proxecto:
«No interior do Casco Histórico de Ourense, a 200 metros ao sur da Catedral e a Praza Maior, encóntrase este edificio en esquina que o Instituto Galego da Vivenda e Solo, entre outros inmobles da zona, decide adquirir e rehabilitar para destinar a
vivenda de protección oficial en réxime de aluguer.
O proxecto de rehabilitación que se levou a cabo supón un cambio e unha mellora constructiva e tipolóxica importante con respecto á situación orixinal.
Ao tratarse dun inmoble en esquina, o edificio conta con dobre orientación, sur e este, un valor positivo para a vivenda xa que todos os seus espazos están orientados de forma que reciben luz natural ao longo de todo o día.
Debido ás dimensións reducidas do soar (38 m²), a vivenda desenvólvese verticalmente converténdose a escaleira no elemento articulador da intervención, en torno á cal se sitúan os núcleos húmidos, locais de servizo e almacenamento da vivenda, simplificando as instalacións e configurando unha distribución ordeada que se repite en todos os andares.
A zona de día sitúase no último andar para aproveitar as vistas e a luz, quedando os dormitorios nos andares inferiores. Nos dous primeiros andares a escaleira sitúase na esquina de encontro entre as dúas medianeiras, tal como se atopaba no seu estado orixinal, mentres que para alcanzar o terceiro andar modifica o seu trazado estendéndose nun único tramo. Este pequeno xesto permite liberar superficie no derradeiro andar e insinuar o cambio de uso, proporcións e altura do espazo a medida que se vai ascendendo.
Construtiva e estruturalmente, empréganse materiais, sistemas e técnicas tradicionais asociadas cos oficios e o patrimonio vernáculo galego, adaptados para satisfacer as esixencias
de confort actuais» müller.feijoo
Reportaxe fotográfica müller.feijoo arquitectos
Planos:
[nggallery id=454]
Authors
12345 (5 votos, promedio: 4,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top