12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Remodelación de dous edificios para catro vivendas e local comercial

Remodelación de dous edificios para catro vivendas e local comercial Antonio de Cominges Carvallo e Rogelio Pérez Conde

Antonio de Cominges Carvallo

Obra:Remodelación de dous edificios para catro vivendas e local comercial
Autoría:Antonio de Cominges Carvallo e Rogelio Pérez Conde

Arquitectos colaboradores | Antonio Ameijeiras Sánchez e María Díaz García

Dirección da obra | Antonio de Cominges Carvallo

Arquitecto técnico | Juan José García Mares Giménez

Constructora | UTE San Sebastián 24, 26 e Prace Servicios y Obras S.A.

Promotor | Consorcio Casco Vello Vigo

Provincia:Pontevedra
Localidade:Vigo
Ano:2015
Xeolocalización:42.23722,-8.72619
Outros Datos:
Premios:
Gañador | Gran de Area | 2016
Publicacións:
Información na rede:
Páxina de Antonio de Cominges Carvallo

Páxina de espacio B12 arquitectos

Descripción do proxecto:
«O proxecto consiste na rehabilitación de dous edificios no Casco Vello Alto de Vigo. Forma parte do programa que ven desenvolvendo o Consorcio do Casco Vello na última década, rehabilitando e construíndo novas edificacións, conseguindo deste xeito revitalizar a zona máis antiga da cidade, que nas últimas décadas converteuse nunha bolsa inconexa co entorno que o rodea.

Os edificios están localizados na converxencia da rúa San Sebastián, rúa Hortas e Baixada do Barrando na zona máis alta da ladeira que coroa a Fortaleza de San Sebastián. A zona aínda mantén o tecido orixinal, con edificacións de dous e tres plantas e distintos estados de conservación. As plantas baixas albergan pequenos locais comerciais e algunha vivenda destinándose a vivenda as plantas superiores.

As edificacións a intervir eran dúas pequenas construcións derruídas, con dúas e tres plantas na rúa San Sebastián, e unha única altura en Baixada do Barranco, debido á diferenza de cota duns cinco metros entre as dúas rúas. Cada vivenda contaba entre ambas cun patio. O estado en que se encontraban as dúas edificacións antes da intervención, limitábase á conservación de parte das fachadas de cachotaría e perpiaño de granito. O respecto ao lugar e o emprego de materiais propios do casco, son o punto de partido do proxecto, que se propón crear un novo espazo de relación que resolva a complexa topografía e os accesos ás novas vivendas.

A intervención consiste na consolidación dos volumes das vivendas existentes respectando a tipoloxía orixinal. A que se atopa acaroada á medianeira gaña unha planta, quedando deste xeito coas mesmas tres alturas. O número alberga un local comercial en planta baixa, como mecanismo de revitalización do barrio, e unha vivenda en cada unha das plantas superiores, mentres que o número conta con dúas vivendas, unha en planta baixa, con acceso directo dende a rúa San Sebastián e a outra se resolve nos dous niveis superiores. O espazo intermedio organiza a relación entre as dúas rúas dun xeito máis permeable, xerando tres plataformas a modo de patios que van dando acceso ás tres vivendas das plantas superiores. Este espazo estabelece un diálogo que permite identificar unha única intervención mantendo a singularidade de cada unha das dúas edificacións.

A materialización resólvese cos materiais xa empregados no entorno: muros e solados de pedra do país, carpinterías de madeira e cubertas de tella curva. Os volumes respectan e consolidan as fachadas existentes ás rúas como un sólido pétreo coa tipoloxía de ocos do casco, mentres que as fachadas que se abren ao patio trátanse como peles lixeiras de madeira e vidro con ocos de maior proporción, conseguindo unha maior iluminación e solleiro interior.«

Antonio de Cominges Carvallo, Rogelio Pérez Conde, Antonio Ameijeiras Sánchez e María Díaz García

Reportaxe fotográfica:
Antonio de Cominges Carvallo
Planos:
Antonio de Cominges Carvallo, Rogelio Pérez Conde, Antonio Ameijeiras Sánchez e María Díaz García

12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top