12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Sanatorio Neurosiquiátrico «El Pinar»

AG_sanatoria_pilar_bar_boo_meixoeiro_vigo_00
Consello da Cultura Galega
Obra:Sanatorio Neurosiquiátrico «El Pinar»
Arquitecto:Xosé Bar Bóo
Provincia:Pontevedra
Localidade:Meixoeiro, Vigo
Ano:1965
Xeolocalización:42.220482, -8.681406
Outros Datos:
Recoñecemento:
Catalogado como Ben Cultural polo PXOM
Publicacións:
AGRASAR QUIROGA, Fernando | Guía de Arquitectura de Vigo. 1930 – 2000 | COAG 2003
GARRIDO Fenés, Alicia | La Obra de Xosé Bar Bóo | Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2000
VV AA  | Xosé Bar Bóo, arquitecto | COAG 1996
Obradoiro 17 | COAG 1990
Xan Casabella | Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo | Boletín Académico. UDC 1986
Información na rede:
docomomoiberico.com
Descripción do proxecto:
«O Neurosiquiátrico «El Pinar» supón un novo experimento na carreira de X. Bar en canto ao uso de materiais, o emprego de ladrillo cara vista. A ubicación singular e o programa posibilitan unha arquitectura esencialmente volumétrica e sen os condicionantes urbanos das outras obras importantes. Aquí a arquitectura enfróntase directamente coa natureza e X. Bar vai dar renda solta a todas as súas inquedanzas nese campo.
O edificio confórmase en dúas partes claramente diferenciadas nos materiais. Un basamento de pedra/formigón que integra o edificio no seu entorno e un corpo de ladrillo cunha composición prismática de caracter ascendente. O obxectivo do  conxunto sería conquerir unha silueta quebrada que negara a posible figura singular que a enorme masa a construir poderia provocar na ladeira do monte. Ao mesmo tempo posibilita a súa vocación integradora na escalonada conformación da paisaxe ondulada.
A disposición das masas resólvese, nas costas do edificio como un xogo aditivo de prismas en composición ascendente. A idea de masa compacta é acentuada aquí pola disposición «anárquica» dos irregulares e pequenos ocos. Pola contra, o  frente do edificio (que non corresponde curiosamente co acceso) ábrese regular e xenerosamente sobre a cidade de Vigo.
Os límites do espacio interior procúranse facer indefinibies prolongando éste no exterior a través de amplas zonas de transición e vicevesa. Aparecen así numerosos pequenos espazos ambivalentes moi propios da arquitectura tradicional galega como són porches, galerias, etc.
En algunhas partes deste edificio nótase a lectura atenta das obras de Alvar Aalto, sobar todo do Concello de Saynatsalo,influencia que atopamos por primeira vez nas obras de X. Bar.»
Xan Casabella en Boletín Académico. UDC 1986
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Consello da Cultura Galega


Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top