12345 (1 votos, promedio: 2,00 de 5)
Cargando…

Sede da Dirección Xeral da Policía Autonómica

Joaquin Fernández Madrid. Pedro R. Iglesias Pereira | Sede de la Policía Autonómica

Obra:Sede da Dirección Xeral da Policía Autonómica
Arquitecto:Joaquín Fernández Madrid. Pedro R. Iglesias Pereira
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:1994
Xeolocalización:42.885,-8.522
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Arquitectura Contemporánea. Santiago de Compostela. Año 2003

Artistas Galegos. Arquitectos: Cara ao novo milenio

Información na rede:
Santiago Turismo. Arquitecturas de autor.
Descripción do proxecto:
“A sede da policía sitúase nunha parcela na zona máis alta do Polígono de Fontiñas , un novo barrio compostelán do tamaño do casco histórico da cidade. O edificio aproveita as condicións do terreo, con forte pendiente, para resolver o seu programa con dous volumes contrapostos, un zócolo, nunha única planta, en torno a un patio cadrado, e un prisma rectangular, colocado na parte máis alta do terreo, sobre o edificio – zócolo.As dúas pezas, co contrapunto dunha esveita torre de telecomunicacións en metal branco, establecen un diálogo entre contrarios. O zócolo é macizo e cego, forrado en pedra e aberto cara ao patio, que en todo momento queda oculto desde a rúa. O prisma, colocado na parte máis alta da parcela, sobre o zócolo, aparece lixeiro, cun acabado de metal gris e numerosos ocos. Esta decisión de proxecto simplifica a imaxe da sede policial, ocultando unha parte substancial dos seus aspectos e transformando toda a súa riqueza organizativa na imaxe simplificada dun prisma lixeiro apoiado sobre un zócolo macizo.Dende a entrada principal ao edificio, é posible entender, unha vez franqueado o control de acceso, a organización espacial do conxunto. Dende o aspecto do vestíbulo quedan á vista o patio, as circulacións no seu perímetro e as escaeiras e elevadores, por medio dos cales se accede ás plantas superiores do prisma metálico”. Fernando Agrasar.
Reportaxe fotográfica
 
Planos:
 [nggallery id=117]
Authors
12345 (1 votos, promedio: 2,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top