12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Sede do Consello da Cultura Galega

AG_pazo_raxoi_consello_cultura_galega_pedro_llano_00
Pepe Ferrín | Consello da Cultura Galega
Obra:Sede do Consello da Cultura Galega
Arquitecto:Pedro De Llano Cabado
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:1994
Xeolocalización:42.880631,  -8.546296
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Pazo de Raxoi;  Proxecto de rehabilitación para sede do Consello da Cultura Galega | Consello da Cultura Galega | 1995
Artistas Galegos. Arquitectos | Nova Galicia Edicións | 2003
Información na rede:
consellodacultura.gal
Descripción do proxecto:

“O deseño no Pazo de Raxoi da nova sede para o Consello da Cultura Galega constituía unha inmellorable ocasión para reflexionar sobre os distintos e primordiais problemas relacionados coa rehabilitación do noso patrimonio histórico, compoñendo a necesidade de responder, como paso previo á intervención, a algunhas esenciais preguntas.
Para explicar con claridade unha persoal posición ante este tipo de cuestións, quixera recuperar unha opinión que nalgunha ocasión lle escoitei ao arquitecto catalán Jordi Garces; un pensamento que considero que explica cabalmente unha intelixente actitude fronte ao feito rehabilitador: “A relación do arquitecto cunha arquitectura preexistente debe sempre enfocarse dun xeito semellante a como se enfoca á relación dun arquitecto coa paisaxe na que vai situar unha das súas propostas”
Asumindo esta posición de partida, entendendo que ao rehabilitar calquera dos nosos monumentos, non nos queda outra alternativa que pensar na respectuosa continuidade dun determinado testemuño arquitectónico a través do tempo, máis se esquecer que cando falamos dun edificio histórico estamos falando dunha arquitectura viva, dun edificio que, como ben proba a propia catedral de Compostela, foi obxecto, ao longo dos séculos, de numerosos cambios e intervencións que o levaron ao seu actual estado. Nós, que ben ou para mal, tamén estamos contribuíndo a concretar un novo capítulo desa historia e, polo tanto, non debemos esquecer que a nosa participación na mesma deberá contar cunha clara vocación de contemporaneidade.
En canto á zonificación achegada polo proxecto cabe indicar que o criterio utilizado partiu do agrupamento das distintas funcións illables e ámbitos integrais de traballo que sintetizan o esquema organizativo da institución e posibilitasen unha clara identificación de cada unha das súas áreas funcionais, chegándose á disposición das diferentes dependencias en base a catro áreas perfectamente diferenciadas organizadas sobre un corredor que actúas como columna vertebral da propostas”

Pedro De Llano

Reportaxe fotográfica:
Planos:
Pazo de Raxoi; Consello da Cultura Galega | Consello da Cultura Galega | 1995

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top