Obras de 1988

Centro Cívico de Xove

Centro Cívico de Xove

O centro cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades.

Joaquin Fernández Madrid | Igrexa de San Xoán

Igrexa de San Xoán

«A igrexa de San Xoán concibiuse coma un complexo parroquial, para dar servicio a populosa barriada de Vite. Situada fronte as novas facultades do Campus Norte da Universidad Compostelá, esta igrexa marca decididamente o seu carácter contemporáneo por medio dunha gran marquesiña de formigón, polas súas cubertas lixeiramente curvadas e pola presencia dunha alta torre-campanario de remate metálico».

Andrés Reboredo | Parlamento de Galicia.

Parlamento de Galicia

«En 1987, Andrés Reboredo obtén o primeiro premio nun concurso convocado para seleccionar o proxecto que transformaría o Cuartel do Hórreo no Parlamento de Galicia. O grande edificio militar que se rehabilita posúe unha planta rectangular, coas esquinas resaltadas por corpos saíntes e de maior altura. No se centro existe un único patio, en torno ao que discorren todas as circulacións. Exteriormente o edificio a penas amosara cambios substanciais, mantendo a súa severa fachada, con excepción da construcción dunha magnífica reixa de aceiro oxidado composta por pezas exentas, colocadas de canto, altas e agudas, que permiten ver o exterior do edificio, en visión frontal, pero que en escorzo se converten nun muro opaco coa singular cor e textura do metal oxidado».

Auditorio de Galicia

«En 1964 o arquitecto Julio Cano Lasso realizou o conxunto de pavillóns para albergue de peregrinos, con ocasión do Ano Santo. A obra, concibida como temporal, mantívose anos ofrecendo aloxamento a estudiantes. Sobre a traza daquela obra modesta e exemplar, pola súa racionalidade e implantación, o seu mesmo autor construiu o Auditorio de Galicia».

Top