Dous xestos (en planta e sección), dous materiais (chapa ondulada lacada e listóns de madeira) resolven a tenda con rotundidade e claridade espacial.
Remodelación de dous edificios para catro vivendas e local comercial
O proxecto consiste na rehabilitación de dous edificios no Casco Vello Alto de Vigo. Forma parte do programa que ven desenvolvendo o Consorcio do Casco Vello na última década, rehabilitando e construíndo novas edificacións, conseguindo deste xeito revitalizar a zona máis antigas da cidade.
Verde
Descontextualizar un obxecto para través da técnica, darlle un novo sentido. A forza da idea queda referendada pola literalidade da súa mensaxe, a sinxeleza na montaxe e a adaptación a uns recursos económicos limitados.
Rehabilitación edificio Elduayen 2 Vigo
A Rehabilitación edificio Elduayen 2 consistiu na recuperación da fachada, o realce do alzado á Porta do Sol, a dignificación do lucernario sobre as escaleiras e a recuperación do uso de vivenda.
Casa Crisálida
Respecto absoluto as árbores. Non se tala ningunha. A arquitectura orgánica da crisálida adáptase ao lugar, entre os piñeiros, coas súas paredes inclinadas para librar ramas, para favorecer ángulos de maior incidencia solar, para provocar zonas de sombra, para conquistar o espazo interior en diálogo co exterior.
Villa Ita
Villa Ita enclávase no histórico pobo mariñeiro de Muros, do ca súa fachada marítima caracterízase polas súas edificacións en pedra e os seus soportais, onde se acubillaban, en tempos pasados, pequenas embarcacións ou utensilios de pesca.
Casa do Medio
«Pretendiamos que a casa contase cunha contorna vexetal propio, denso, variado e cambiante que establecese unha relación sensorial máis intensa entre interior e exterior»
ARKB – arrokabe arquitectos
Piscina particular en Maceda
«A proposta trata de axuntar as necesidades da propiedade e as características da parcela achegando economía e ecoloxía sen afastarnos da comodidade»
trespes.arquitectos
A Bodega
Proxecto de rehabilitación dunha antiga bodega de pedra. Situada nun entorno rural, o proxecto se acomoda aos límites dos muros existentes, consistentes en dous corpos: o principal de planta baixa e un torreón de dous niveis.
Hortas en Caramoniña
«Confiamos en que a resolución dos problemas de accesibilidade, conxuntamente coa actividade proposta, favoreza non só a sustentabilidade da actuación, senón que mellore sensiblemente a calidade de vida da veciñanza» Abalo Alonso arquitectos
- 1
- 2