Nesta suma de espazos diversos concatenados entre sí, o visitante pode disfrutar do espazo público, e de todos, ó tempo que toma contacto coa súa língua e coa do seu pobo. Pero tamén ten a posibilidade de encontrar o seu propio espazo, o seu sitio, a súa intimidade, ó tempo que atopa a palabra e a dota dun significado propio.
Oficinas e nave de VITRASA
«O encargo dun edificio para albergar oficiña e talleres para a empresa Viguesa de Transporte S.S., foi afrontado por Xosé Bar, en colaboración con César Portela e outros arquitectos, como a ocasión para introducir novas ideas arquitectónicas que cuestionaban algúns dos máis importantes valores modernos. O edificio de VITRASA privilexia unha fachada frontal, introducindo valores e reflexións sobre a capacidade arquitectónica de significación monumental, además de expresar unha vontade dun edificio de uso insutrial e administrativo, solucionado con elementos prefabricados de formigón».
Casa do concello de Pontecesures
«A preocupación urbanística, a compactidade volumétrica exterior, e a dialéctica interior-exterior son os aspectos máis notables do proxecto» César Portela
Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo
Según palabras do propio César Portela, o Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo non só dará satisfacción a un programa de necesidades, que por suposto están na base do concurso e da idea de construir este gran edificio, senón que tamén presta atención a aspectos de espazos públicos e aspectos sociais da cidade de Vigo.
Centro Cultural Caixanova
Todo proxecto é o resultado de confrontar un programa de necesidades, un lugar e un desexo. Neste caso o desexo de rehabilitar, remodelar e recuperar para a cidade un edificio emblemático, auspiciado todo el polo factor socio-cultural.
Carballeira de Santa Minia
Conxugar dous aspectos esenciais: o respecto á tradición, ó patrimonio cultural histórico e artístico dun pobo, e caracterizado pola presenza da Carballeira e a Ermida; a incorporación de solucións construtivas que dean resposta a necesidades actuais que favorezan a continuidade do home no seu territorio
Aquarium de Vilagarcía de Arousa
«No Paseo Marítimo que o une o porto de Vilagarcía co de Carril, constrúse este edificio que, avanza perpendicularmante á costa, intróducese no mar. A súa alargada silueta e a súa clásica imaxe pretenden contrarrestar, o inquietante efecto visual duns bloques de apartamantos que forman unha pantalla edificatoria cuxa presencia é negativa» César Portela
Casa da cultura de Cangas
«Coidándose especialmente os aspectos tipolóxicos que fan referencia analóxica a arquitectura tradicionais no litoral galego, como andrómenas portuarias, estaleiros e fábricas conserveiras, enriquecidos coa presenza dun soportal perimetral, e de galerías» César Portela
Faro en Punta Nariga
«É o resultado da dialéctica que se establece entre un lugar e un programa, dentro do marco da cultura antropolóxica en que se achan inmersos. Dando así lugar a unha tipoloxía moi precisa e ao emprego de determinados materiais» César Portela.
Vivendas para xitanos
«La tipología de viviendas unifamiliares elegidas en planta es muy similar a un vagón de literas, volumétricamente recuerda a un curro gitano y por su disposición en el terreno semeja un conjunto de hórreos» César Portela