O centro cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades.