O proxecto redactado polo arquitecto do Ministerio de Educación Manzano-Monís foi elixido entre outras cinco propostas de edificios para usos similares. O proxecto baséase na definición individual de cada aula con superficies variables e cubertas a unha auga, todas enlazadas por unha zona cuberta aberta ao xardín interior. As aulas distribúense en dúas reas enfrontadas que se moven segundo as necesidades de accesos e o desexo de dotar de interese espacial o xardín interior. A cercanía de cada unha das pezas e a amplitude dos cubertos fai que o edificio se peche sobre si mesmo para protexerse do clima