Obras de Manuel Gallego

Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo | Manuel Gallego | Adrián Capelo

Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo

A construcción do pequeno museo da Colexiata xurde como a necesidade de crear un lugar digno e seguro para garda-las xoias (cofre de seguridade) e con posibilidades de ser visitado. As súas dimensións obrigan a unha proximidade nos detalles e a unha escala de certa intimidade, que se complica coa búsqueda da unidade e continuidade espacial do recinto. A dificultade para ubicar a escaleira, suxire a transformación do propio museo en escaleira. Matízanse as diferencias funcionais (acceso, antesala e o propio museo) e espaciais no que se vai conigurando. A escaleira-museo vai adquirindo diferentes tratamentos a través da luz, pavimentos, paramentos, cor e detalles de varanda para potenciar estas ideas. Na fachada resalta este carácter unitario. Utilizase como elemento de concordancia co que lle rodea, a mesma idea do proceso constructivo de fachada, é dicir, elementos acristalados, recercados, de xambas pétreas, que á súa vez enmarcan elementos cegos brancos

Lonxa de Lira

«o edificio funciona perfectamente alí mesmo, na súa relación co mar inmediato, o porto, unha obviedade, e tamén o fai na percepción equilibrada da súa implantación no horizonte xeográfico máis aberto e afastado, o océano»
Luís Gil+Cristina Nieto

Museo de Belar Artes Coruña

Museo de Belas Artes A Coruña

Datos básicos Obra: Museo de Belas Artes A Coruña Arquitecto: Manuel Gallego Jorreto Provincia: A Coruña Localidade: A Coruña Ano: 1988-1995 Xeolocalización: 43.37,-8.40 Descripción do proxecto O Museo de Belas Artes A Coruña, sitúase no barrio de Zalatea, preto da rúa Panadeiras, un vacío da cidade a cabalo entre a cidade histórica e a Pescadería

Top