Obras de Noguerol + Diez

Casa en Santa Rita

A casa como proxecto de vida. O tempo leva o ritmo do habitar.
Tres vivendas tradicionais ao pé dun camiño unidas para facer unha soa. Feitas aos poucos, humildes modificacións para acomodar unhas casas vellas ás necesidades dos habitantes. Elemento a elemento, detalle a detalle, coa axuda do saber artesanal do albanel local.

aeroporto de Lavacolla

Nova terminal de Lavacolla

Entrou en funcionamento en outubro do 2011. As novas intalacións ocupan un total de 74 mil metros cadrados, triplicando a superficie da antiga terminal. A obra articúlase en dous corpos principais, o edificio procesador e o edificio dique, en forma de Y. Funcionalmente atende en 22 mostradores de facturación e 15 portas de embarque.

Centro de Saúde Os Mallos | Noguerol Díez | Adrián Capelo Cruz

Centro de Saúde Os Mallos

No intre no que Alberto Noguerol e a Pilar Díez reciben o encargo de proxectar un centro de saúde á beira da avenida de Arteixo, na Coruña, a trama urbana na que hoxe se inscribe era difusa e non se atopaba consolidada. Deste xeito debuxaron un paralelepípedo de formigón armado lixeiramente elevado, volcado cara tres patios interiores de tal modo que o centro de saúde se pechaba a un exterior duro e indeterminado.

Concello de Cangas | Alberto Noguerol | Adrián Capelo

Concello de Cangas

“No soar antes ocupado polo cuartel da Garda Civil, de dimensións 45×15, tiñamos que resolver o programa do concello, policía municipal, oficina de correos, oficina de emprego e xulgado. Todos debían ter acceso directo polo andar 0. Coa estrutura terminada, parada durante anos ata que, de súpeto, xurde a posibilidade de rematala, cambian as necesidades que deron orixe á forma sen que poda ser alterada” Noguerol + Díez

Top