12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Verde

Verde Castroferro arquitectos

Ángel Tourón

Obra:Verde
Autoría:Castroferro arquitectos: María González Ferro e Jordi Castro Andrade

Arquitectas colaboradoras: Joana Covelo Alonso e María Fandiño Iglesias

Provincia:Pontevedra
Localidade:Vigo
Ano:2015
Xeolocalización:42.236,-8.724
Outros Datos:
Premios:
 Gañador | Gran de Area | 2016
Información na rede:
Páxina de Castroferro arquitectos
Descripción do proxecto: 
«Os espazos de traballo adoitan ser o reflexo do espírito e actitude da actividade que albergan. Verde é un centro de impresión dixital responsable que defende servizos e produtos de calidade, respectuosos co medio ambiente, onde facer as cousas ben non está rifado con facelo de forma sostible.

A actitude que acompaño ao traballo de Daniel e María mostrase nos seus propios rostros. ¿O noso reto?: facer que a arquitectura tamén o reflicta.

Existe en todo proceso de busca de idea de proxecto, un momento clave no que aínda sen ter unha definición nítida do que se busca, asáltanos unha pregunta clave: ‘¿E se…?’. Cando ten a forza suficiente, esta acaba desencadeando un aluvión de síes e nons onde o máis probábel é que se hai risco, a vitoria sexa só por diferenza dun punto. ¿E se usamos os tubos de cartón que se botan do proceso de impresión? Descontextualizar un obxecto para través da técnica, darlle un novo sentido. A forza da idea queda referendada pola literalidade da súa mensaxe, a sinxeleza na montaxe e a adaptación a uns recursos económicos limitados.

O resultado é un cálido ambiente de traballo onde tanto clientes como peóns sorpréndense ao ver cambiada a súa relación cun tubo de cartón de 150mm de diámetro.«

Castroferro arquitectos

Reportaxe fotográfica: Ángel Tourón
Planos: Castroferro arquitectos

12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

*

Top