
| Obra: | Villa Ita |
| Arquitectos: | Alba Fernández Arias, Lucía Fernández Rodríguez e domohomo: Elena López Fernández e Xulio Turnes Vieito |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Muros |
| Ano: | 2015 |
| Xeolocalización: | 42.778,-9.059 |
| Outros Datos: | ||
| Información na rede: | ||
| Páxina de domohomo | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «Villa Ita enclávase no histórico pobo mariñeiro de Muros, do ca súa fachada marítima caracterízase polas súas edificacións en pedra e os seus soportais, onde se acubillaban, en tempos pasados, pequenas embarcacións ou utensilios de pesca. Ó inicio do proxecto, atopabámonos ante una peza máis desa singular trama urbana, pero cun importante estado de deterioro. Dita circunstancia dificultou, tanto a elaboración do proxecto, como o seguimento da obra. Supuxo dar una resposta individualizada a cada pequeno detalle segundo fora xurdindo. O material que permitiu adaptarse a cada una desas vicisitudes foi, sen dúbida, a madeira; concretamente, a madeira de castaño, nos seus máis diversos acabados, pintada, vernizada ou aceitada. O suficientemente resistente e versátil para adaptarse a calquera conxuntura, dende a estrutura ata o último revestimento. De feito, incluso se utilizou de forma expresiva para significar elementos propios da arquitectura. Por exemplo, ao darlle una planta máis a antiga edificación, remárcase cun entaboado continuo e una galería que evidencia a pegada dunha intervención posterior e lixeira. No interior, reálzase a calidez do material e se acentúa no trasdós dos armarios, como pezas que configuran o espazo, ao tempo que se combina cun xogo de paneis corredíos, posibilitando distintos usos das estancias. Sen embargo, máis alá da madeira, o verdadeiro pracer desta edificación reside nas fabulosas vistas que ofrece sobre a ría de Muros. Dende cada una das plantas, divísase o mar con total claridade, ó punto de case poder tocalo.» domohomo | ||
| Reportaxe fotográfica: Xulio Turnes Vieito | ||
| Planos: Alba Fernández Arias, Lucía Fernández Rodríguez, Elena López Fernández, Xulio Turnes Vieito | ||

(2 votos, promedio: 4,50 de 5)



















