12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando…

Villa Ita

Villa Ita Domohomo arquitectos

Xulio Turnes Vieito

Obra:Villa Ita
Arquitectos:Alba Fernández Arias, Lucía Fernández Rodríguez e domohomo: Elena López Fernández e Xulio Turnes Vieito
Provincia:A Coruña
Localidade:Muros
Ano:2015
Xeolocalización:42.778,-9.059
Outros Datos:
Información na rede:
Páxina de domohomo

Archdaily

Descripción do proxecto: 
«Villa Ita enclávase no histórico pobo mariñeiro de Muros, do ca súa fachada marítima caracterízase polas súas edificacións en pedra e os seus soportais, onde se acubillaban, en tempos pasados, pequenas embarcacións ou utensilios de pesca.

Ó inicio do proxecto, atopabámonos ante una peza máis desa singular trama urbana, pero cun importante estado de deterioro. Dita circunstancia dificultou, tanto a elaboración do proxecto, como o seguimento da obra. Supuxo dar una resposta individualizada a cada pequeno detalle segundo fora xurdindo.

O material que permitiu adaptarse a cada una desas vicisitudes foi, sen dúbida, a madeira; concretamente, a madeira de castaño, nos seus máis diversos acabados, pintada, vernizada ou aceitada. O suficientemente resistente e versátil para adaptarse a calquera conxuntura, dende a estrutura ata o último revestimento.

De feito, incluso se utilizou de forma expresiva para significar elementos propios da arquitectura. Por exemplo, ao darlle una planta máis a antiga edificación, remárcase cun entaboado continuo e una galería que evidencia a pegada dunha intervención posterior e lixeira. No interior, reálzase a calidez do material e se acentúa no trasdós dos armarios, como pezas que configuran o espazo, ao tempo que se combina cun xogo de paneis corredíos, posibilitando distintos usos das estancias.

Sen embargo, máis alá da madeira, o verdadeiro pracer desta edificación reside nas fabulosas vistas que ofrece sobre a ría de Muros. Dende cada una das plantas, divísase o mar con total claridade, ó punto de case poder tocalo.»

domohomo

Reportaxe fotográfica: Xulio Turnes Vieito
Planos: Alba Fernández Arias, Lucía Fernández Rodríguez, Elena López Fernández, Xulio Turnes Vieito



12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top