
| Obra: | Vivenda de segunda residencia en Portosín |
| Arquitecto: | Rafael Baltar y Jose Antonio Bartolomé |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Portosín |
| Ano: | 1978 |
| Xeolocalización: | 42.747,-8.9544 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| Obradoiro.3 | ||
| Información na rede: | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| A parcela forma unha pequena elevación inmediata á praia dominando boas vistas sobre a ría de Noia. A intención da propiedade era dividila en tres solares e construir en cada un dos tres socios propietarios. Propúxoselles, e así o aceptaron, a construcción das tres vivendas adosadas orientadas en semicírculo cara á ría e ocupando a cima do montículo, case inmediatas ó acceso á finca desde a estrada. Os muros de separación entre vivendas, prolongándose en dirección á praia, servirían para dividir as tres parcelas, mentres se deixaba como espacio común o de acceso na parte posterior cos sendos porches-garaxe. Cada unha das vivendas, desenrólanse en dous andares, teñen cociña, comedor e sala de estar no baixo, e tres dormitorios e un cuarto de baño no piso superior. A entrada está no nivel intermedio, a donde da tamén un aseo. En prolongación da sala de estar unha terraza na que se inician as escaleiras e bancales que ordenan o desnivel ata a praia. Á cuberta plana e utilizable accedese, desde o porche de entrada, por unha escaleira de caracol cuxas paredes serven tamén de apoio ó depósito de auga que as rodea en forma de anel; recuperase así para o uso o terreo ocupado en planta baixa. Grazas á sua forma e disposición, e á cor terrosa do seu acabado extremo, a edificación quedóu ben integrada na paisaxe, ainda que os remates das chemineas, escaleira e depósito de auga provoquen comparacións na veciñanza, más con un castelo que con unha casa. | ||
| Reportaxe fotográfica: Revista Obradoiro | ||
| Planos: | ||
| [nggallery id=147] | ||

(8 votos, promedio: 4,25 de 5)