12345 (7 votos, promedio: 4,43 de 5)
Cargando...

Vivenda de segunda residencia en Portosín

vivenda en portosin . baltar e arguelles

Obra:Vivenda de segunda residencia en Portosín
Arquitecto:Rafael Baltar y Jose Antonio Bartolomé
Provincia:A Coruña
Localidade:Portosín
Ano:1978
Xeolocalización:42.747,-8.9544
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro.3
Información na rede:
Descripción do proxecto:
A parcela forma unha pequena elevación inmediata á praia dominando boas vistas sobre a ría de Noia. A intención da propiedade era dividila en tres solares e construir en cada un dos tres socios propietarios. Propúxoselles, e así o aceptaron, a construcción das tres vivendas adosadas orientadas en semicírculo cara á ría e ocupando a cima do montículo, case inmediatas ó acceso á finca desde a estrada. Os muros de separación entre vivendas, prolongándose en dirección á praia, servirían para dividir as tres parcelas, mentres se deixaba como espacio común o de acceso na parte posterior cos sendos porches-garaxe.
Cada unha das vivendas, desenrólanse en dous andares, teñen cociña, comedor e sala de estar no baixo, e tres dormitorios e un cuarto de baño no piso superior. A entrada está no nivel intermedio, a donde da tamén un aseo. En prolongación da sala de estar unha terraza na que se inician as escaleiras e bancales que ordenan o desnivel ata a praia. Á cuberta plana e utilizable accedese, desde o porche de entrada, por unha escaleira de caracol cuxas paredes serven tamén de apoio ó depósito de auga que as rodea en forma de anel; recuperase así para o uso o terreo ocupado en planta baixa. Grazas á sua forma e disposición, e á cor terrosa do seu acabado extremo, a edificación quedóu ben integrada na paisaxe, ainda que os remates das chemineas, escaleira e depósito de auga provoquen comparacións na veciñanza, más con un castelo que con unha casa.
Reportaxe fotográfica: Revista Obradoiro 
Planos:
 [nggallery id=147]
Authors
12345 (7 votos, promedio: 4,43 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top