12345 (6 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Vivenda para un pintor na Illa de Arousa

AG_vivenda_refuxio_illa_arousa_manuel_gallego_jorreto_00
Manuel Gallego

Obra:Vivenda para un pintor na Illa de Arousa
Arquitecto:Manuel Gallego Jorreto
Provincia:Pontevedra
Localidade:As Aceñas, Illa de Arousa
Ano:1979 – 1982
Xeolocalización:42.543,-8.877
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Manuel Gallego. Arquitecto | GG 1992
Obradoiro 10 | COAG 1984
Quaderns  178 | COAC 1989
Información na rede:

Descripción do proxecto:
«A vivenda úsase en temporadas de vacacións. O seu propietario e promotor é o pintor Enrique Ortiz Alonso.

Plantéxase como un espazo único dominante, e constitúese nun recinto habitable, vivenda e taller. Está emprazada nunha zona illada da Illa e moi próxima ao mar. O transporte á Illa dos materiais é caro e complicado, e dende o peirao ao terreo tamén presenta certas dificultades. Aínda non hai enerxía eléctrica. Plantéxase como un custe mínimo.

A construción é un espazo formado por muros de bloque e fiestras prefabricadas de formigón, que teña fácil mantemento e unhas dimensións que non permiten o acceso a través deles. Empréganse prefabricados agrícolas da zona para axudar a construír o espazo. A construción está sobre o sitio, con certo aire voluntariamente estraño. Xeometricamente construída sen ningún pudor da súa magnitude.

Esta situación vaise transformando á medida na que a contorna é máis habitable, así ocorre cando a forma do recinto, constituído redutos, que posibilitan estancias (alboios, parras, mesas, bancos, figueiras, lareira, etc…) A construción perde as súas paredes, é un simple emparrado. Faise case vexetal, un vexetal voluntariamente ordenado.

Procúrase conseguir formalizar e materializalas  relacións diferentes entre a construción e o entorno inmediato, que nun certo momento transfórmase en vivenda. O conxunto non é case nada, case, porque se fora con outros materiais e outra tecnoloxía sería o mesmo. E isto porque voluntariamente renunciouse para manter a firmeza da idea e a idea é, que a casa, o espazo habitado, é tamén lugar, como sitio onde un para, para ir construíndo a súa vida. Para elo ese sitio, ese espazo, necesita unhas referencias fixas, pautas dunha orde que fixa o proxecto.

A vivenda que se vai facendo, é posíbel grazas ao  cliente Enrique Ortiz. Poucas veces o diálogo co propietario, neste caso artista, foi tan enriquecedor para a obra e para o seu autor.»

Manuel Gallego

Reportaxe fotográfica: 
Planos: 
[nggallery id=395]
Authors
12345 (6 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Related posts

One Comment;

  1. iago_lopez said:

    Penso que o resultado dependeu mais da fortísima influencia de Aldo Rossi entre os arquitectos galegos do momento que do «enriquecedor diálogo co cliente». Achego ligazón a un breve texto que escribín sobre o tema por se a alguén lle interesa botar-lle unha ollada:http://bailarsobrearquitectura.com/2015/03/26/teo-rias/
    Saúdos e parabéns pola páxina/blog!

*

Top