12345 (3 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Vivenda en Amarante

vivenda amarante | alfonso penela | boborasAlfonso Penela Arquitectos
Obra:Vivenda en Amarante
Arquitecto:Alfonso Penela
Provincia:Ourense
Localidade:Boborás
Ano:1994 – 1997
Xeolocalización:42.414,-8.152
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
25 CASAS DE GALICIA 1994-2004 (Edicións Espontáneas 2005)
Información na rede:
Descripción do proxecto: Iago Valverde | ArquitecturadeGalicia
A vivenda proxectada para unha parella de biólogos atópase no val do Avia, ao seu paso polo municipio de Boborás. A parcela sitúase no punto mais alto do val, dominando visualmente toda a contorna. A paisaxe está fortemente humanizada, é a paisaxe dos viñedos en bancais tan propia dos vales ourensáns onde se elaboran os viños do Ribeiro.
A intervención procúrase facer sutil e natural, empregando os mesmos mecanismos que os labregos traballaron o territorio para adaptalo as súas necesidades. O muro que sostiña a terra, agora vai ser cerramento, e a terra de onde nacían as viñas, a cuberta. A peza que conforma a casa vaise incrustar no terreo, sempre garantindo iluminación e ventilación  con patios contra o terreo orientados ao nordeste, e abríndoa cara suroeste, cara o val. Contra o terro atoparase os dormitorios, mentres que a zona de día supera a liña definida polo muro e sitúase como un elemento lixeiro de estrutura de madeira e cuberta metálica.
Reportaxe fotográfica: Alfonso Penela Arquitectos
Planos:
Authors
12345 (3 votos, promedio: 2,67 de 5)
Cargando…

Related posts

One Comment;

  1. Pingback: Mapa dos ´90 #semanadaarquitectura

*

Top