
Santos-Díez | BISimages
| Obra: | Vivenda en Icaria |
| Arquitecto: | ESTU.A | Alfonso Fernández Bernárdez |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Liáns, Oleiros |
| Ano: | 2002 – 2005 |
| Xeolocalización: | 43.329805, -8.359372 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Accesit | Premio COAG | 2006 Accesit | Premio Juana de Vega | 2006 | ||
| Publicacións: | ||
| As novas casas galegas | Fundación Juana de Vega | 2010 Outras casas outros hábitos | Edicións espontaneas | 2007 | ||
| Información na rede: | ||
| estua-icaria.blogspot.com | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «(…) Contrariamente ao prototipo da urbanización, decídese concentrala meirande parte da bolsa de terreo na zona menos exposta, é dicir, ao fondo, desfrutando do muro medianeiro do Pazo. O edificio organízase en dúas plantas e a intervención vaise apoiar en terrazas socalcadas. Aparcamento á cota da rúa, planta baixa a un metro, xardín traseiro a dous e medio, e planta superior a catro. A planta baixa, máis protexida, ábrese ao terreo mediante panos de vidro e a alta, exposta, péchase cunha pel de lousa, límite da intimidade. Luz e ventilación resólvense con patios inmediatos á fachada e envoltos por esta fronteira pétrea cuxa única apertura, no eixe de circulación, domina o xardín. As actividades comúns agrúpanse en planta baixa, abertas á parcela. Cociña e comedor-estar ao fondo, despacho, con un segundo acceso independente, na fronte. A separación resolvese incrustando transversalmente a zona de lavado e secado. As estancias refuxio atópanse na planta superior. Cada unha cun patio. Este é o foco principal que articula o habitáculo (…)»Alfonso Fernández Bernárdez | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| estua-icaria.blogspot.com | ||





