
| Obra: | Vivenda Sto. Domingo |
| Autoría: | PLP Atelier: Pablo López Prol |
| Provincia: | Ourense |
| Localidade: | Ourense |
| Ano: | 2016 |
| Xeolocalización: | 42.340,-7.863 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Gañador | Gran de Area | 2016 | ||
| Publicacións: | ||
| La Voz de Galicia. Suplementos YES, do 9 de abril de 2016. Casa Viva, nº 229 de xuño de 2016. MC Ediciones. | ||
| Información na rede: | ||
| Páxina de PLP Atelier | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «Reforma dun piso de 90m² con terraza en Ourense, onde xoga un papel fundamental o deseño a medida e cambiante do mobiliario. A distribución organízase en función dos ocos e a luz. Cara o exterior sitúanse as estancias “vivideiras”, onde se desenrola a maior parte das actividades, e cara o patio interior as demais. Unha segunda división estabelécese entre a parte pública e privada dependendo do uso de cada zona. Dende o recibidor bifúrcanse dous sendeiros (aunque puideran ser 3 se nos guiamos polo trampantoxo do espello e a grava), sinalados por bancos descontinuos que se van curvando paralelamente ao recorrido. O elemento encargado de separalos é unha libraría que atravesa a cruxía en toda a súa lonxitude e que so se volve permeable en dous puntos, o propio hall e que conecta o comedor coa cociña, debuxando dous limiares cercados de libros. Os espazos principias da casa interrelaciónanse a través de diferentes estratexias. O pavimento emprégase como contrapunto do mobiliario para conectar ambientes separados a priori por este e viceversa, ao crear descontinuidades en volumes unidos de antemán. Levando así a cabo, un xogo de asociación entre salón-comedor-cocina e incluso terraza que se irá diluíndo conforme vaiamos entrando na parte máis íntima da vivenda. Conexións espaciais vs conexión materiais para discriminar os diferentes usos.« PLP Atelier | ||
| Reportaxe fotográfica: Héctor Santos-Díez | BISimages | ||
| Planos: PLP Atelier | ||


(4 votos, promedio: 3,25 de 5)












