12345 (1 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Vivenda unifamiliar en Montecelo

AG_vivenda_montecelo_andres_fernandez_albalat_bergondo_0000
Andrés Fernández-Albalat

Obra:Vivenda unifamiliar en Montecelo
Arquitecto:Andrés Fernández-Albalat Lois
Provincia:A Coruña
Localidade:Montecelo, Bergondo
Ano:1976
Xeolocalización:43.323889, -8.219420
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro 17 | COAG 1990
Lecciones de arquitectura 14 | T6 2008
Información na rede:
Descripción do proxecto:
“No lugar de Montecelo, concello de Bergondo, construín unha vivenda unifamiliar en 1976. Lugar prominente, un castro, con topografía moi movida, toda en socalcos, terreo extenso. Polo sur vese a ría de Betanzos e ao norte, pola noite, vese Ferrol.
Programa bastante amplo. Na planta terrea sitúase a vida diaria: o estar, o comedor, cociña, servizos, unha zona de xogos (bastantes nenos). A entrada ao norte tamén é un pouco velada, como comentei antes. Garaxe. No primeiro andar a zona de dormitorios, ao sur un baleiro sobre a zona do estar. Cada dormitorio ten o seu cuarto de baño e o seu pequeno vestidor, un corredor con fiestras altas que dan ao norte e a zona que da ao sur, con fiestras baixas, moi amplas.
A planta é máis ou menos lineal, no sentido leste-oeste, co que se crea unha zona ao sur recollida. No cuarto de estar, dúas cotas de pavimentos, hai unha zona de verán –acristalada, a cota baixa- e outra de inverno, con cheminea, vendo a paisaxe de Betanzos ao fondo.
A sección do corpo central, a zona de estar, proxectouse en pico, cunha cuberta moi inclinada con parte acristalada, que corresponde á zona de estar. En Galicia chamamos aos cubertos alpendres, e sería como un ‘alpendre’ acristalado xa que a natureza é preciosa, e entra a paisaxe pola fronte, os lados e tamén pola cuberta. Incluso cando chove e non te mollas é unha gozada. Pretendeuse ter un diálogo coa paisaxe”
Andrés Fernández-Albalat
Reportaxe fotográfica:

Authors
12345 (1 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top