12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Vivenda unifamiliar en Poio

AG_casa_poio_leopoldo_alonso_lamberti_00
Leopoldo Alonso-Lamberti
Obra:Vivenda unifamiliar en Poio
Arquitecto:Leopoldo Alonso-Lamberti
Provincia:Pontevedra
Localidade:Poio
Ano:2006
Xeolocalización:42.436,-8.666
Outros Datos:
Premios:
Finalista | II Premio ENOR | 2006
Publicacións:
Información na rede:
Descripción do proxecto:
“O propósito de alterar a topografía o mínimo imprescindíbel guía o proxecto desta vivenda, có obxectivo de propiciar unha mellor integración e a apertura das vistas, cara o mar.
Había que respectar a contorna, adaptarse a súa escala rural e non desvirtuar o carácter da ladeira na que se asenta a construción, un terreo cunha costa moi pronunciada cara ao sueste, cuxa cota superior sitúase ao noroeste.
Preto de Poio, o lugar intenta conservar o seu carácter rural, pese a presenza de áreas residenciais irrespectuosas coa topografía.
Mentres un dos volumes é un cubo de formigón armado chantado no terreo, coa súa parte inferior inclinada no sentido da pendente, o outro debuxase con dúas alturas: A inferior, enterrada; a superior, apoiada no terreo e revestida cun monocapa coloreado que aporta maior lixeireza dende a perspectiva visual.
A integración das dúas pezas no lugar, a escala e a altura elixida conseguen a conservación da ladeira e a preservación da natureza”
Leopoldo Alonso-Lamberti
Reportaxe fotográfica:

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top