| | «Mudamos os nosos hábitos ao ritmo das estacións, e así mudará o habitar na casa, crecerá ou se pechará, abrirase ao mundo ou mirará a través do veo protector, en realidade como sempre foi mentres non se reduciron tanto as cousas que non son capaces mais que ver unha soa. Establécese un intenso diálogo entre o patio ó sur, o patio ó centro e o lugar que sen ser nada convertese en principal pois é a chave de como vivir a casa. É este un proxecto de recintos e de como definen o seu carácter das relacións que establecen entre eles, e co lugar que constrúen. Hai os espazos propios do programa xunto os outros sen uso definido, son lugares que abren posibilidades e modifican aos demais» Irisarri + Piñera |