| | «O programa comprendía 80 vivendas de tipo medio e unha sucursal para a Caixa de Aforros da Coruña. Nun primeiro momento estableceuse a construción dun podio formado polas oficinas sobre a que se situaría unha torre de 20 alturas con 4 vivendas por planta; esta torre exenta pretendía equilibrar a fachada longa da praza da Palloza, en cuxo extremo oeste acabase de construír un volume similar. A solución non convence á propiedade, e en ese momento entran no equipo Salvador e Olalquiaga. Buscase entón unha solución máis temperada e optimízase o numero de vivendas que o soar podería asumir mantendo as condicións aceptables de asollamento e ventilación. A solución é enxeñosa: disponse 3 bloques independentes de 8 e 6 plantas ao redor dun patio elevado en L, co que se obtén un 10% mais de vivendas con un 40% menos de altura, en tanto que un portal-galería conectado con tres núcleos de comunicación vertical permite o acceso dende a rúa.» Esteban Fernández-Cobián |