| | «Proxectouse un poboado para os expropiados de Meirama, que constaba dunhas 35 vivendas aproximadamente.As casa agrupáronse en conxuntos de 3 e 4 vivendas como medianeiras comúns, e formando unha especie de rúa ou rueiro, onde as aliñacións das casa non eran paralelas ao eixe da estrada. Bandas de pedra no medio do empedrado xeral sinalizaban as canalizacións, e suxerían a dirección, digamos teórica, da rúa, ao tempo que conformaban as liñas de escorrega. Non existía beirarrúas, e algunhas fileiras de postes debían protexelas construcións dos vehículos.As vivendas foron desenvolvidas a partires dos prototipos que chamamos experimentais. O módulo cadrado ampliouse deica os 3.64 m de lado. Creáronse varios tipos diferentes de vivendas, algunhas dotadas de soportais que axudaban á humanización da rúa.As casa en número reducido, construíronse; pero aqueles aos que estaban destinadas, non as ocuparon nunca» Mario Soto |