12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Vivendas para militares

vivendas  militares | bar boo | campolongo pontedradocomomoiberico.com
Obra:Vivendas para militares
Arquitecto:Xosé Bar Bóo
Provincia:Pontevedra
Localidade:Campolongo, Pontevedra
Ano:1965
Xeolocalización:42.426,-8.647
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
La vivienda moderna, Registro | Centellas, Miguel, Jordá, Carmen, LANDROVE, Susana, eds. DOCOMOMO Ibérico, 1925-1965 | Fundación DOCOMOMO IbéricoBarcelona, 2009 | páx. 335
La Obra de Xosé Bar Bóo: Una Arquitectura a la Medida del Hombre | Garrido, Fenés, Alicia | Fundación Pedro Barrié de la Maza | A Coruña, 2000 | páxs. 223-225
AA VV | Xosé Bar Bóo, arquitecto | Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Vigo, 1996 |
páxs. 148-154
Obradoiro 17 | Setembro de 1990 | páxs. 95, 98, 100
Información na rede:
docomomoiberico.com
Descripción do proxecto: 
«A forma arquitectónica unitaria que estimei máis axeitada para satisfacer os condicionantes programáticos –con tres tipos de vivenda de superficie e porcentaxes prefixados- e urbanos foi a do bloque laminar con dúas vivendas por planta e accesos verticais centrados.
As tres funcións principais da vivenda están concentradas en espazos claramente definidos: zona de estancia familiar e zona de servizos, a ámbolos lados da entrada, e zona de dormitorios ao fondo, no lugar máis recóndito e oposto ao acceso. Dormitorio de servizo está separado dos demais dormitorios e situado inmediato ao aso e cociña, pero totalmente independente de esta para eu poida ser utilizado, como esixía o programa‘ sen ningunha dificultade como dormitorio de fillos’, ou calquera outro destino.Así como as zonas de dormitorios e servizos teñen unha configuración interna fixa para proporcionar a adecuada peculiaridade e intimidade de funcións, a da zona de estancia familiar é modificable para que, libremente, o equilibrio determine a súa máis idónea forma de uso. Dous xogos de portas corredoiras ortogonais entre si articulan estes espazos. A través dun moble divisor de portas corredoiras facilitouse, tamén, o servizo directo dende a cociña ao comedor.» Xosé Bar Bóo
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Related posts

One Comment;

  1. Pingback: Vivendas ‘Xosé Obreiro’ | AG | A mellor arquitectura contemporánea de Galicia

*

Top