12345 (4 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando...

Vivendas para pescadores

Viviendas para Pescadores _Fernández-Albalat Lois, Andrés _Sada_jesus etc
www.flickr.com
Obra:Vivendas para pescadores
Arquitecto:Andrés Fernández-Albalat Lois
Provincia:A Coruña
Localidade:Sada
Ano:1967
Xeolocalización:43.360,-8.252
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
AA.VV. | Artistas galegos. Arquitectos (do racionalismo á modernidade) | Nova Galicia, 2002
Información na rede:
archxx-sudoe.es
Descripción do proxecto: iago valverde | ArquitecturadeGalicia
Planificase un conxunto de vivendas subvencionadas destinadas a pescadores cunha alta densidade. Próximas ao porto da vila mariñeira, a forte pendente da parcela vai ser aproveitada para superpoñer por fileiras as vivendas, para obter unha correcta ventilación e iluminación de cada unha. Como unha aldea litoral compacta, nunha maia ortogonal vanse alternando cheos e baleiros nunha sorte de axadrezado habitacional. Rúas internas peonís traban as vivendas en conxunto. Os patios funcionan como micro prazas de barrio. Mediante escaleiras exteriores salvase o desnivel entre a cota de acceso e das vivendas.
Sepárese as vivendas do tráfico rodado, un gran zócolo de pedra de protección que  hai que subir para entrar no barrio. As vivendas elévanse en planta baixa, como as vivendas tradicionais de mariñeiros en ribeira para gardar a embarcación, pero agora funcionan como pasos cubertos lonxitudinais. A construción é moi sinxela e con materias humildes para axustar o orzamento.
Este tipo de proxectos pódenos recordar a experiencias contemporáneas holandesas dos Mat-Buildings. A Freie Universität de Berlín de Candilis, Josic e Woods é do ano 1963
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (4 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top